Medio cento de veciños de Lousame examínanse para obter o graduado en ESO
Máis de medio centenar de veciños e veciñas de Lousame realizaron este luns e martes os exames para conseguiren o Graduado en ESO. A Aula de Educación de Adultos da casa da cultura de Lousame albergou as probas, en horario de 9:30 a 14:00 horas, dos catro módulos que compoñen o graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Á espera dos resultados dos exames, e unha vez rematadas as clases do primeiro cuadrimestre, o Concello de Lousame informa de que o vindeiro 3 de febreiro abrirase o prazo de inscrición para as clases do segundo cuadrimestre. Unha inscrición totalmente de balde e que se poderá facer ata o vindeiro 14 de febreiro no propio Concello de Lousame, se ben a matrícula debe formalizarse no Colexio San Clemente de Santiago de Compostela. As clases terán lugar en horario de 19 a 21:30 horas na Aula de Educación de Adultos.











