Medio cento de persoas actualizaron os seus coñecementos sobre seguridade viaria en Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+
Charla sobre educación vial

Charla sobre educación vial

O Concello de Ribadumia puxo a disposición da Xefatura Provincial de Tráfico de Pontevedra tódolos medios dispoñibles para levar a cabo unha campaña de seguridade viaria que acolleu a mais de medio centenar de persoas na Casa da Cultura de Ribadumia.

A charla dirixida a tódolos cidadáns do municipio xa foran peóns ou condutores, intentou tratou de concienciar os veciños da importancia de cumprir as normas de seguridade viaria e de facerse visibles nas estradas para evitar riscos e posibles infraccións.

A concelleira de Promoción Económica e Social, Sonia Garanger, agreceu os representantes da Garda Civil de Tráfico a iniciativa xa que o municipio conta con numerosas pistas, tradición agrícola e poboación dispersa, obrigando a moitos veciños a desprazarse a pé, e coche ou vehículos especiais, polo que é se cabe mais necesaria a actualización das obrigas que establece a normativa de circulación e a importancia de circular polas vías en condicións axeitadas.

O finalizar repartíronse Chalecos refrectantes entre os asistentes.

Esta campaña súmase a organizada no C.P.I.Xulia Becerra coa que o Concello de Ribadumia pretende concienciar á  poboación de que nas estradas existen riscos se non se transita nas condicións axeitadas.

29 de xaneiro de 2014 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.