Medio cento de nenos reciben os agasallos dos Reis Magos en Ponte Caldelas

Agasallos dos Reis Magos en Ponte Caldelas
O programa de axuda a familias en situación de emerxencia social coordinado por Servizos Sociais do Concello de Ponte Caldelas repartiu para o Día de Reis xoguetes a medio centenar de nenos e nenas residentes no municipio.
Os artigos distribuídos foron roupa, calzado, xoguetes e material escolar e foron adquiridos polo Concello e tamén en parte doados por particulares e asociacións sociais do municipio, coordinados por Servizos Sociais do Concello de Ponte Caldelas.
Cada neno recibiu un total de catro agasallos, co obxecto de non fomentar un comportamento consumista entre os pequenos. Así mesmo, os xoguetes entregados estaban en perfecto estado e moitos deles foron adquiridos en establecementos comerciais situados no termo municipal. Os artigos entregados non tiñan ningunha acepción sexista nin belicista.
Desde hai uns anos o departamento de Servizos Sociais do Concello de Ponte Caldelas leva a cabo un programa de agasallos de Nadal para nenos e nenas de familias en situación de emerxencia social co obxecto de que os máis pequenos non padezan os efectos das dificultades económicas nestas datas tan entrañables.
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Ponte Caldelas destaca o espírito solidario de particulares e entidades sociais do municipio que colaboran co Concello para que todos os anos ningún neno ou nena véxase privado dun agasallo de Nadal ou Reis.











