Marín acolleu unha nova reunión da Mesa contra a Violencia de Xénero
Na Casa principal da Finca de Briz sendo as 12.00 horas do día 23 de xaneiro de 2014 reúnense co obxecto de celebrar a reunión da Mesa contra a Violencia de Xénero, previamente convocada. Os asuntos tratados incluídos na orde do día e os acordos achegados foron os seguintes:
Análise / Repulsa do falecemento da Muller marinense vítima de violencia de xénero.
Resumen da reunión mantida no dia 22 de xaneiro de 2014, na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, cos axentes xudiciais, institucionais e Forzas e Corpos de Seguridade xunto coa Dirección Política do Concello de Marín e persoal técnico, a efectos de poner de manifesto o protocolo seguido na intervención da Muller falecida no Concello de Marín o 26 de decembro de 2013.
Mª Paz explica a coordinación e reitera a boa actuación dos profesionais implicados na intervención deste caso de Violencia de Xénero con resultado de morte.
Enfatiza as aportacións que foron vertidas.
Marián Sanmartin, incide na importancia da sensibilización dende os Centros Educativos.
Presentación da Enquisa actualizada coas achegas da Mesa, realizada para o estudo “As actitudes da poboación adolescente marinense escolarizada sobre a violencia de xénero” 2008-2009, para acadar conclusións comparativas entre a poboación adolescente marinense dende 2008 ata 2013.
En relación coa enquisa, foron engadidas as aportacións que se levaron a cabo dende a Subdelegación do Goberno.
A finalidade é proceder a actualizar o Estudio levado a cabo dende o CIM, para atopar un marco comparativo que nos permita intervir e valorar o resultado da aplicación de políticas de igualdade co alumnado marinense.
Resumo das actividades e material previstas e as levadas a cabo no día 25 de Novembro.
Actividades a desenvolver no segundo trimestre:
Actividades do Programa Operación Violeta: Mellora do programa de actividades dirixidas a alumnado da ESO, bachiller, F.P e os programas de PCPI.: realizarán visitas aos Xulgados, instalación da Comisaría de Policia Nacional e da Policia Local, asi como o CIM e Servizos Sociais na Finca de Briz.
Os profesionais destes servizos, presentarán de xeito sucinto a labor que levan a cabo e amosarán os recursos que prestados dende os seus ámbitos profesionais, coa finalidade de achegarse á poboación adolescente como recurso de referencia en caso de precisar auxilio cando se atopen en situación que requira a actuación dos anteditos profesionais.
Fíxase a próxima reunión, quedando prevista para 16 maio 2014.











