Mañá ábrese o prazo para inscribirse no concurso-desfile de comparsas do Entroido 2014 en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Un ano máis a Concellaría de Festexos de Gondomar organiza o tradicional Gran Desfile de Comparsas, acto principal do ‘Entroido 2014’ que se celebrará o domingo día 2 de marzo a partir das 16.00 horas.

Aquelas comparsas que desexen participar no desfile deberán inscribirse de luns a venres de 9.00 a 13.30 horas e sábados de 9.00 a 13.00 no Rexistro do Concello de Gondomar.  O prazo de inscrición rematará o sábado, día 15 de febreiro ás 13.00 horas.

Cada comparsa, rexistradas ou informais, deberá estar composta dun mínimo de 20 persoas adultas e terá que presentar a seguinte documentación:

AGRUPACIONS REXISTRADAS:

•Estar rexistrada como asociación no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia

• Copia do DNI do representante legal da entidade e CIF da propia entidade.

• Una declaración xurada de non perseguir coa actividade finalidade lucrativa algunha.

• E certificación de atoparse ao corrente das súas obrigas fiscais e coa seguridade social.

• Orixinal de certificación de conta bancaria

AGRUPACIÓN INFORMAIS:

• Certificación do código de Conta Cliente da entidade Bancaria

• Copia do DNI do representante

• Folla de firmas cuberta e completa

Para as comparsas máis orixinais haberá premios:

• 700 euros  1º clasificada

• 600 euros  2º clasificada

• 500 euros  3º clasificada

• 400 euros 12 axudas para as restantes comparsas participantes

Haberá tamén un premio especial para a mellor carroza das comparsas presentadas cun importe de 300 €.

As bases xa se poden consultar na páxina web do concello: www.concellodegondomar.info

17 de xaneiro de 2014 | 10:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.