publicidade hoxe

Malpica conmemora o 125 cabodano do afundimento do Priam

cabodano-priamMañá sábado a proposta dos autores do libro “De Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam”,  Xavier Maceiras e Fernando Patricia e coa coloboración do Concello de Malpica de Bergantiños celebrarase o 125 cabodano do afundimento do Priam na pedra Cistela.

PROGRAMA DE ACTOS

125 CABODANO DO NAUFRAXIO DO VAPOR BRITÁNICO PRIAM (Nas Olgas da Cistela) 11 DE XANEIRO DE 2014

Ás 12:00 horas, no paseo marítimo da vila de Malpica, descubrirase unha praca conmemorativa en lembranza deste acontecemento e renderáselle homenaxe aos mariñeiros malpicáns.

Ás 18:00 horas, no salón de actos da Confraría de Pescadores, presentación do libro: De Liverpool ás Sisargas; a derradeira travesía do Priam, polos seus autores, Xabier Maceiras e Fernando Patricio.

10 de xaneiro de 2014 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.