Localizan mortas a dúas mulleres con signos de violencia en Cervo
Os cadáveres de dúas mulleres, M.L.R., de 72 anos, e M.S.L, de 44, foron localizados este martes con signos de violencia nun domicilio da parroquia de Cervo, no concello lugués do mesmo nome, segundo informou o 061.
A Garda Civil, segundo as mesmas fontes, deu a alerta pola morte violenta de dúas persoas ás 13.13 horas. Até o punto foron enviados unha ambulancia asistencial, outra medicalizada e persoal sanitario do centro de saúde de Cervo, pero os servizos de emerxencias só puideron certificar o falecemento de ambas as mulleres.
Pola súa banda, fontes da Garda Civil sinalaro que unidades da Policía Xudicial deste corpo diríxense neste momento ata o lugar para iniciar a investigación.
Tratan de localizar ao marido e xenro das dúas mulleres achadas mortas este martes nun domicilio en Cervo (Lugo), supostamente asasinadas con arma branca, segundo informaron fontes da investigación.