Limpeza de cunetas en viais de Ponte Caldelas para corrixir os problemas de acumulación de auga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

Operarios do servizo de mantemento do Concello de Ponte Caldelas están a acometer a limpeza de cunetas e canalizacións obstruidas en diversos viarios municipais para evitar que o efecto das augas pluviais afecte a casas e á rede de camiños veciñais existentes. Estes labores realizáronse en zonas de Tourón, Silvoso e desde onte no lugar de Gradín.

A brigada municipal tense que empregar a fondo para retirar a enmarañada vexetación que poboaba cunetas e canalizacións de pluviais en Gradín para o que mobilizou a gran parte dos seus efectivos, materiais e humanos para realizar este labor.

Ao longo desta semana, os operarios percorren os principais viarios de comunicación interior do municipio co fin de mitigar os efectos das intensas choivas caídas ao longo destes últimos días.

As brigadas de mantemento centran a súa urxente intervención na retirada de árbores que obstruyen o paso nos viarios do municipio ou no corte daqueles que ameazan o seu esborralle sobre a vía pública, ademais de proceder á limpeza das ramas e restos de cortizas que supoñen un perigo para a seguridade viaria. Así mesmo, os operarios procederon a recoller sinais danados polo efecto do forte vento sufrido nos pasados días e a proceder ao seu recolocación naqueles casos nos que era posible.

Tamén se procedeu a recolocar de novo colectores de recollida de lixos e demais elementos do mobiliario urbano que foran movidos por efecto do forte vento. Está a realizarse tamén unha revisión urxente de tajeas, cunetas, tragantes e aliviadoiros de augas pluviais co fin de desatascar as follas, ramas e demais material arrastrado por efecto do vento e a choiva.

9 de xaneiro de 2014 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.