Julio Flores asegura ter a “conciencia tranquila” ante a súa declaración como imputado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O primeiro tenente de alcalde do Concello da Coruña e portavoz do goberno local, Julio Flores, reiterou que ten a “conciencia tranquila” ante a declaración que prestará este venres no Xulgado de Instrución número 1 de Lugo.

Nunha entrevista á emisora de Cope Coruña, Flores, imputado na rama ‘Pikachu’ da ‘Operación Pokémon’ -que investiga supostas adxudicacións irregulares ao Grupo Vendex-, dixo que acudirá ao xulgado “coa tranquilidade que dá a seguridade de actuar correctamente”.

Ademais, manifestou que espera que se retire a súa imputación, aínda que recoñeceu que iso é “adiantar acontecementos”. Así, insistiu na necesidade de esperar ás preguntas que lle fará a xuíza Pilar de Lara, aínda que recalcou que acudirá coa intención de que aclarar as súas “dúbidas”.

A súa declaración producirase despois de que este martes fíxoo o outro concelleiro imputado, o edil socialista José Nogueira, responsable da mesa de contratación durante o bipartito coruñés.

Antes da comparecencia de Flores, declararán ante a xuíza dúas traballadoras municipais, Susana Martínez, xefa de departamento de Cultura, do Consistorio coruñés, e  Gloria María Díaz, xefa da área de Contratación.

23 de xaneiro de 2014 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.