José Nogueira reitera a súa “inocencia” e asegura que actuou dentro do “respecto á legalidade”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaLocal PortadaLugoLugo
A-
A+
Europa Press

O concelleiro socialista no Concello da Coruña José Nogueira –imputado na rama ‘Pikachu’, da ‘Operación Pokémon’– defendeu, tras declarar este martes ante a titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara Cifuentes, que a súa actuación como presidente da mesa de contratación durante o bipartito foi dentro do “respecto á legalidade”.

A preguntas dos xornalistas, mostrouse “moi satisfeito” da súa declaración tras contestar “a todas as preguntas” da xuíza. “Por fin xa se que quería saber a xuíza e púidenllo aclarar”, dixo o edil socialista, quen precisou que as preguntas foron relativas ao papel que desempeñou como presidente da citada mesa de contratación.

Así, o edil socialista mostrouse convencido de que contribuíu “a esclarecer as dúbidas” que puidese ter a titular do Xulgado a este respecto.

Unicamente, lamentou esperar de cinco horas”, -xa que antes tivo lugar a declaración da asesora de Cultura no actual goberno local, do PP-, aínda que destacou o feito de que a súa fose “moi rápida”, despois de estar “uns 45 minutos dentro”.

CONTRATOS DA ÁGORA

En canto ás cuestións que lle preguntou a xuíza, dixo que foron relativas aos contratos no centro Ágora. “Como se fixo o proceso dos dous contratos e cal foi o meu papel neses dous procedementos como presidente da mesa de contratación”, dixo en relación aos adxudicados, antes das xornadas de portas abertas celebradas en maio de 2011, para a limpeza e servizos xerais a dúas empresas do Grupo Vendex.

Sobre estes contratos, manifestou que se lles pediu que o fixesen “canto antes” para abrir a Ágora, pero insistiu en que se tratou de “contratos menores, de seis meses”. “Un de abril a decembro e outro de Julio a decembro”, precisou en alusión ao ano 2011.

DECLARACIÓN DO PORTAVOZ LOCAL

 Ao fío diso, manifestou que lle sorprende”, si a xuíza “só está a preguntar sobre tema de contratación”, a declaración como imputado do tenente de alcalde de Mobilidade e Seguridade do Concello da Coruña, Julio Flores (PP), “porque dixo reiteradamente que non ten nada que ver coa contratación”.

 Así, admitiu a súa “intriga” por saber que lle vai a preguntar a xuíza este venres. Sobre o seu caso, ao ser preguntado si cre que finalmente non se manterá a súa imputación, afirmou que está “convencido” de que non fixo “nada irregular”.

“Todas as decisións da mesa foron por unanimidade e obedecendo aos informes dos servizos correspondentes”, apostilou.

22 de xaneiro de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.