Inícianse nos IES de Pontevedra os cursos de prevención de condutas aditivas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Benestar Social Municipal iniciou hoxe os obradoiros do programa de prevención de condutas aditivas en 1º e 2º da ESO. A concelleira Carmen Fouces visitou esta mañá o IES Valle Inclán, onde se iniciaban estes obradoiros que teñen de temática o consumo de alcol e novas tecnoloxías.

Estes obradoiros chegarán a uns 3.200 alumnos do concello e tratarán de transmitir información e formación de calidade aos alumnos para
acompañalo na toma de decisións do seu ocio, e valorar con madurez os riscos dos abusos nos seus comportamentos.

Unha vez finalizado, farase o traballo de recollida de datos e conclusións.

Nestes obradoiros, as temáticas a tratar son flexibles, en función do grupo ao que se dirixan, pero en xeral están distribuídas así:

• 1º E 2º da ESO: Alcol e novas tecnoloxías

• 3º Cannabis e novas tecnoloxías.

• 4º Cocaína e novas tecnoloxías.

A concelleira Carmen Fouces quixo destacar esta mañá que os obradoiros fanse con perspectiva de xénero xa que os usos e os abusos difiren en función do sexo.

27 de xaneiro de 2014 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.