I Trofeo Sigaltec Copa Galicia de Optimist en Vilagarcía
O Liceo Casino Vilagarcía e a Federación Galega de Vela, de acordo co Calendario da Secretaria Rexional da Clase Optimist, organizan o “I TROFEO SIGALTEC” Copa Galicia da clase OPTIMIST, que se celebrase en augas da Ría de Arousa os días 8 e 9 de febreiro de 2014, segundo as seguintes estipulaciones xerais:
A regata rexerase por:
Regulamento de Regatas a Vela da ISAF 2013-2016(RRV)
Regulamento de Competicións da FGV
Regras da Clase Optimist
Instrucións de Regata
Anuncio de Regata
En caso de discrepancia ante o presente Anuncio de Regata e as Instrucións de Regata, prevalecerán estas últimas.
CLASE QUE PARTICIPA
Regata reservada a embarcacións da Clase Optimist, a regata é ABERTA
FORMATO DE COMPETICIÓN
– Navegarase en flota.
– O percorrido será sobre un trapecio, calculándose a distancia total para que cada proba dure 30-40 minutos aproximadamente.
– Hai programadas 6 mangas, das cales deberán completarse polo menos 2 para que a regata sexa válida.











