I Edición Concurso de Escaparatismo Virtual – Mellor Web en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Dende o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, puxemos en marcha, dende o 17 de decembro ao 7 de xaneiro, a I Edición do Concurso de Escapartismo Virtual – Mellor Web.

Pois ben, o xurado ven de determinar que a mellor web desta I Edición do Concurso de Escaparatismo Virtual, foi a da Xoiería Muíños. Os criterios que se valoraron para tomar esta decisión foron os seguintes:

– Deseño.
– Actualización de campañas e de contidos.
– Posicionamento.
– Integración das redes sociais.
– Interacción cos clientes.
– Velocidade de carga.
– Cumplimento da LOPD.
– Usabilidade e navegabilidade.

Como finalistas nesta I Edición, quedaron as webs de Xoiería Rosant e a do Hotel Villa de Marín.

Os representantes dos tres establecementos recollerán a súas distincións, o venres día 10 ás 13 horas, na sede social.

Dende o CCA Estrela de Marín, queremos agradecer á empresa Cibervision Networks a súa colaboración na posta en marcha desta I edición.

9 de xaneiro de 2014 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.