Hostelería Compostela contribúe ao Plan de Mecenazgo da Fundación Catedral de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Mañá venres, ás 11 da mañá, os 15 primeiros establecementos hostaleiros que contribúen á conservación da Catedral, a través das súas aportacións ao Plan de Mecenazgo, froito do convenio de colaboración asinado entre Hostelería Compostela e a Fundación Catedral, van colocar os autocolantes que os distinguen como colaboradores da Catedral de Santiago.

Punto de encontro: Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela (rúa Salvadas, 29-31) ás 11 horas, dende onde imos facer un pequeno percorrido por algúns dos establecementos colaboradores, onde van colocar os autocolantes como primeiros socios colaboradores da Catedral de Santiago.

30 de xaneiro de 2014 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.