“Gómez” e “Salao” lideran o Trofeo de Inverno do RCN Coruña en VINA Regata internacional de Torrevieja

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+
Optimistic RCNC na saída

Optimistic RCNC na saída

O pasado venres comezaba en Alacante VINA REGATA INTERNACIONAL CIDADE DE TORREVIEJA, unha das regatas máis numerosas da clase Optimist en España, que reuniu a 350 regatistas de entre 7 e 15 anos vindos de toda Europa. A esta regata desprazábase un grupo de 7 regatistas do Real Club Náutico da Coruña liderados polos seus adestradores José Ramón Pardo e Pablo Martínez. Con tres días de competición celebrados, e pasado o ecuador da competición, as perspectivas son moi boas para os nosos representantes, que se situaron no Grupo “Ouro” onde os 125 mellores clasificados competirán nas roldas finais. Hai que destacar os parciais de Jorge Tábara cunha 2ª posición nunha proba e case sempre navegando no TOP 10, Roberto Bermúdez de Castro tamén está a navegar ben manténdose no TOP 15, Victor Fernández, Javier García, Jorge Barcia e Silvia García están a ser moi regulares pero necesitan un punto máis de atención para navegar na cabeza. En palabras de José Ramón Pardo o seu adestrador: “O nivel é moi alto, hai regatistas de toda Europa que navegan a nivel mundial, onde o máis mínimo erro págase moi caro e perdes decenas de posicións en segundos. Os nosos regatistas poden estar aí sempre que estean concentrados, e non se despisten, algo importante nunha regata de tantos días.”

Ademais durante o fin de semana celebrouse a 3ª xornada do Trofeo de Inverno para a clase Cruceiro cunhas condicións meteorolóxicas propias da época, con mar de fondo 2-3 metros e vento fresco do suroeste, completando un percorrido costeiro de 11 millas náuticas no interior da bahía coruñesa. Vitoria do “Gómez” de Andrés Gómez en clase 0-2 por diante do “Hansa” de Julián Ojea e do “Araucaria” de Joaquín Cobelo. Mentres que na clase 3-4 a loita foi moi rifada entre o “Salao” de David Rivero, “Argallán” de Domingo Plana e “Patacón” de José Ubago, 3 embarcacións tipo “Dehler” moi similares que navegaron en continua pugna toda a proba. A clasificación xeral vai liderada polo “Gómez” con 3 puntos (2-1) en clase 0-2, mentres que o “Salao” fai o mesmo en clase 3-4.

O vindeiro domingo celebrarase a última proba desta regata, coa tradicional laconada final.

27 de xaneiro de 2014 | 12:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.