Funcionarios e políticos de Narón gardan cinco minutos de silencio polas dúas mulleres asasinadas en Cervo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+
Concentración en Narón

Concentración en Narón

Os representantes políticos municipais, encabezados polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e os funcionarios do Concello, secundaron hoxe unha concentración silenciosa en repulsa polo asasinato acontecido onte na localidade de Cervo, onde presuntamente un home asasinou a dúas mulleres da súa familia.

A concentración tivo lugar ás portas do Concello, na Praza de Galicia, e no transcurso da mesma gardáronse cinco minutos de silencio en lembranza das vítimas, e como xesto de rexeitamento da violencia.

15 de xaneiro de 2014 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.