Frades convoca cinco xornadas de saúde no Hotel Balneario Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades convoca 5 xornadas dedicadas á saúde nas instalacións do Hotel Balneario Compostela, no municipio de Brión, que terán lugar todos os xoves entre o 27 febreiro e o 27 de marzo. Os veciños e veciñas empadroados en Frades que desexen participar deberán anotarse no Concello de Frades ou no teléfono 981 69 55 67 a partir do 27 de xaneiro. A admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición.

O prezo de inscrición é de 40 euros por veciño, xa que o Concello de Frades subvenciona o 70% do custe da iniciativa. Deste xeito, o custe de cada sesión será de 8 euros, o que supón unha rebaixa de 2 euros con respecto ao ano anterior. Ademais, o Concello de Frades porá a disposición dos veciños un autobús que recollerá aos participantes polas distintas parroquias do municipio.

Pola súa banda, os veciños deberán levar das súas casas traxe de baño, chanclas antideslizantes e gorro de piscina. Nas sesións disfrutarán dun circuíto termal que inclúe piscinas de chorros, contracorrentes, jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes.

21 de xaneiro de 2014 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.