Finaliza a súa andaina a exposición “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!”
A exposición Rosalía sempre viva.Viva Rosalía! poderá visitarse a partir de mañá e ata o 13 de febreiro no IES Luís Seoane. Grazas á colaboración coa Fundación Manuel María esta exposición foi cedida pola Concellaría de Normalización Lingüística a preto de 20 centros de ensino e asociacións, tanto do concello de Pontevedra como da súa contorna. A mostra está composta por 20 rollers nos que se fai unha explicación clara e sintética dos eventos biográficos e literarios fundamentais de Rosalía, e complétase cun material didáctico.











