Ferrol vivirá a cuarta marcha ciclista popular da tempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

As bicicletas volverán tomar o  vindeiro domingo, día 26 de xaneiro, as rúas de Ferrol cunha nova Marcha Ciclista Popular. Esta saída, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Ferrol en colaboración co Club Ciclista Ferrol, será a cuarta marcha das nove programadas para a tempada 2013-2014.

Ao igual que o resto das saídas, a marcha sairá e finalizará na praza de Armas. Este evento deportivo dará comezo ás 11:00 horas e ao remate do mesmo haberá un sorteo de regalos entre os participantes. Nesta cuarta marcha os ciclistas percorrerán un itinerario de once quilómetros que descorrerá polas rúas do centro da cidade, Canido, Serantes, A Cabana, A Malata, Paseo da Mariña e regreso de novo ao punto de saída, a praza de Armas. Para máis información sobre o percorrido, os interesados poderán consultar a páxina web do Club Ciclista Ferrol: www.clubciclistaferrol.es .

Todos os participantes neste evento deberán respectar as indicacións que faga a organización para o bo desenvolvemento da marcha. É obrigatorio o uso do casco protector para a cabeza.

24 de xaneiro de 2014 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.