Ferrol inicia o prazo de inscrición no programa educativo “Canta con nós”
A Concellería de Educación do Concello de Ferrol, que dirixe Susana Martínez Galdós, informou da apertura do prazo de inscrición para participar no programa de actividades extraescolares “Canta con nós”, dirixido ao alumnado de Educación Infantil, Primaria ou Secundaria dos centros de ensino da cidade. As prazas serán limitadas polo que os interesados en participar deberán inscribirse, de maneira gratuíta, ata o 7 de febreiro.
Esta actividade de canto coral, enmarcada dentro dos programas educativos municipais 2013-2014, se realizará os venres de 16:30 a 18:30 horas no CEIP Manuel Masdias. Para máis información, poderán consultar as súas dúbidas en calquera dos centros educativos de Ferrol ou na páxina web da Concellería de Educación: www.ferrol.es/educacion.











