Ferrol concedeu axudas para actividades, pago da luz e obras menores en locais sociais a 26 entidades
O Concello de Ferrol, a través da Concellería de Participación Cidadá, concedeu subvencións a 26 entidades veciñais do municipio durante o último trimestre do ano 2013. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) fai pública hoxe a relación das achegas outorgadas
Este programa, que conta cun orzamento de 90.000 euros, ten dúas liñas de axudas. A primeira serve para o financiamento de actividades e programas das asociacións de veciños, mentres que a segunda está dedicada a sufragar os gastos de consumo eléctrico das agrupacións veciñais. No que atinxe á primeira liña de subvencións, tamén permite ás asociacións realizar obras menores nos seus locais sempre e cando non superen o 20% da subvención total que reciban.
Cómpre salientar, que dende o actual Goberno Municipal decidiu ao inicio do mandato incluír o abono do subministro eléctrico a aquelas entidades veciñais do municipio que non se beneficiaban desta práctica, o que supoña un agravio comparativo coas outros. Outra das novidades con respecto a convocatorias anteriores destas subvencións, é que as entidades poden destinar parte da contía das mesmas a melloras nas súas instalacións.











