Ferida unha muller en Vigo ao ser atropelada nun paso de peóns
Unha muller de mediana idade resultou ferida ao ser atropelada na mañá deste venres nun paso de peóns no termo municipal de Vigo.
Segundo os datos facilitados polo 112 e a Policía Local de Vigo, o atropelo tivo lugar sobre as 9.35 horas á altura do número 16 nun paso de peóns da rúa Antela Conde.
O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que trasladou á muller ao centro sanitario Concheiro en estado leve, segundo precisaron fontes policiais.











