Exposición pública do expediente de rectificación do inventario municipal de bens inmobles en Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Tras a aprobación por parte da corporación municipal do expediente de rectificación do Inventario Municipal de Bens Inmobles do Concello de Cangas na sesión plenaria celebrada o pasado 29 de novembro e a publicación do mesmo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra con data de hoxe, comeza o período de exposición pública de dito expediente que terá tres meses de duración. Durante este tempo poderán ser presentadas as alegacións ou suxestións que se consideren oportunas.

Trátase dunha actualización do Inventario de Bens Inmobles que recolle os camiños, inmobles e espazos libres de titularidade pública.

15 de xaneiro de 2014 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.