Éxito de participación no 13º certame de Cartas de Amor de Cangas
O pasado día 30 de xaneiro rematou o prazo para participar no 13º Certame de Cartas de Amor organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Cangas. Este ano destaca a elevadísima participación con máis de 200 misivas presentadas, o dobre que nas edicións anteriores, superando con creces tódalas espectativas.
Próximo día 12 de febreiro anunciarase o nome dos gañadores dos distintos premios que serán seleccionados por un xurado presidido polo concelleiro de Cultura José Luís Gestido e composto por persoas relacionadas con ensinanza e técnicos municipais.
Os premios son:
Categoría A (ata 16 anos):
1º Vale por 75€ e diploma
2º Vale por 50 € e diploma
3º Vale de 40 € e diploma
Categoría B (a partir dos 17 anos):
1º Estancia de fin de semana nunha Casa Rural para duas persoas e diploma
2º Estancia dunha noite nunha Casa Rural para duas persoas e diploma
3º Estancia dunha noite nunha Casa Rural para duas persoas e diploma
Dende a organización agradecen a excelente participación e a colaboración amosada tanto polos veciños e veciñas como polos centros educativos de todo o municipio.











