Excelente segunda xornada para o Equipo Olímpico Español de Vela en Miami

Iker e Tara en Miami
Segunda xornada en albas para a organización da ISAF World Cup de Miami, cunha compoñente máis ben frouxa, que obrigou ao Comité da Regata a iniciar o día con outro adiamento en terra, á espera dunhas mellores condicións de navegación.
Do mesmo xeito que a apertura deportiva, que se está desenvolvendo na Bahía Biscaíña de Florida, dúas horas máis tarde do previsto, os barcos puidéronse botar á auga, coa ilusión dos representantes españois de mellorar os seus postos nas clasificacións globais, obxectivo conseguido por boa parte do Equipo Olímpico Español de Vela.
O mellor papel xogárono en Nacra 17 o bimedallista olímpico o vasco Íker Martínez (Movistar) e o seu proel, a canaria Tara Pacheco (Movistar), que ascenden até o quinto posto da clasificación, catro máis cara ao caixón, grazas ao primeiro que se marcou o tandem español na última manga do día. Os cataláns Toni Rivas (Team Sperry-Harken e Laia Tutzó(Omega-Harken), soben até o 16, do 19 no que se atopaban onte. Ao mando seguen os austriacos Tomas Zajac e Tanja Chiara.
As catalás Bárbara Cornudella e Sara López – Proxecto Muller e Deporte CSD/RFEV – seguen ocupando a terceira praza do podio na clase 470 Feminino, cun cuarto posto na única proba validada no día. Líderes son agora as británicas Sophie Weguelin e Ellidh McIntyre.
En 470 Masculino os tamén cataláns Jordi Xammar e Joan Herp soben até a sexta posición desde a novena na que se atopaban, rexistrando onte un excelente quinto posto. Á fronte Francia, con Sofian Bouvet e Jeremie Mion. Precisamente as novas promesas españolas eran onte os protagonistas da portada principal da páxina Web da ISAF (International Sailing Federation).
O ascenso máis espectacular protagonizouno nesta segunda xornada da World Cup de Miami Joaquín Branco en Láser Standard. Debido a un erro nas clasificacións ao canario asignáranlle un posto atribuído ao onubense Guillermo Flores, que non se atopa na competición. Do 72 sobe até o 28 da listaxe, cun magnífico sétimo na proba do día. Manda o austriaco Tom Burton, pero perdendo fol. Onte fixo un 26.
Por último, en 49er Feminino (FX) a galega Támara Echegoyen (Movistar) e a santanderina Berta Betanzos (Movistar) non tiveron moita sorte coas condicións meteorolóxicas, ao necesitar de ventos máis fortes para optimizar a súa embarcación. Echegoyen e Betanzos están agora no posto 15. Cambio no liderado das brasileiras Soffiatti/Kunze, polas italianas Giulia Conti e Francesca Clapcich.
Todas as clases correron unha soa manga debido á frouxa intensidade de vento, fóra dos Nacra que puideron celebrar dúas probas grazas á súa especial configuración e lixeireza para navegar.











