Esgotados os abonos do Santiago Futsal para a Copa de España, á venda só entradas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Ante a gran demanda de abonos para a Copa de España que se celebrará do 13 ao 16 de Marzo en Logroño e na que o Santiago Futsal estará por undécima vez consecutiva, todas desde o seu ascenso, o club comprou 50 abonos para vender entre os seus abonados, e tras porse onte á venda, xa se venderon todos. Onte mesmo, a LNFS anunciou tamén que se esgotaron todos os abonos que se puxesen á venda, polo que a partir de agora só se poderán adquirir entradas soltas por xornada.

As entradas poden reservarse desde hoxe mesmo acudindo ás oficinas do club, chamando ao 981 11 50 38 ou mandando un correo electrónico a administracion@santiagofutsal.com. O prazo para reservar as entradas a través do club finaliza o 7 de Febreiro e os prezos das entradas son os seguintes (incluídos gastos de xestión):

Entradas

Cuartos de final (Xoves e Venres)

Adulto: 12,50€

Infantil (Até 12 anos): 5,50€

Semifinal e Final (Sábado e Domingo)

Adulto: 5,50€

Infantil: 5,50€

Cabe lembrar, que este ano ao estar o aforamento numerado, a compra da entrada leva a asignación dunha butaca. Por iso, os afeccionados do Santiago Futsal ocupasen a bancada preferente baixa IMPAR.

15 de xaneiro de 2014 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.