Entrega das axudas da Deputación de Pontevedra a entidades sociais e deportivas de Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasPontevedra
A-
A+

Hoxe tivo lugar na Casa do Concello o acto de entrega de resolucións de concesión de subvencións da Deputación de Pontevedra a catro colectivos sociais e deportivos de Cangas. No evento estiveron presentes a deputada provincial Begoña Estévez e o alcalde de Cangas José Enrique Sotelo así como representantes das distintas entidades beneficiarias destas axudas.

Estas achegas foron destinadas a asociación Aspamsim, que atende ao redor de 34 persoas con algún tipo de discapacidade no concello, ao Club de Patinaxe Ánfora que traballa con ao redor de 300 deportistas de toda a comarca, ao Club Náutico de Rodeira que ten escolas deportivas de vela e piragüismo para a reparación das súas instalacións polo tornado do ano pasado e por último a asociación de caridade Santiago Apóstolo para o seu comedor social no que se atende diariamente a máis de 100 persoas. En total os catro entidades canguesas recibiron un total de 10.320 euros.

A deputada provincial Begoña Estévez sinalou o compromiso do organismo institucional cos colectivos deportivos e de acción social. Aínda que estas axudas correspondían ao exercicio do 2013, sinalou a recente convocatoria de novas axudas a estes colectivos para o presente ano. “Non só non baixamos as partidas senón que as incrementamos nos orzamentos do 2014” afirmou, así como destacou a importancia o apoio da Deputación ao deporte co promoción de escolas deportivas en diferentes modalidades deportivas como o patinaxe na que participan 1.500 rapaces e rapazas ou o balonmán, “ modelo que quérese exportar ao resto de España” enfatizou.

Estévez destacou tamén que Aspamsim foi uns dos colectivos de acción social aos que lles foi concedido un bolseiro durante un ano, dentro do Plan de Práctica Laboral desenvolvido pola Deputación de Pontevedra, “e que constitúe outra forma de apoiar a  labor deste tipo de asociacións” recalcou.   

13 de xaneiro de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.