Entra en funcionamento o transformador do campo de fútbol do Morrazo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Hoxe comezará a funcionar o transformador de FENOSA que o Concello de Cangas instalou no Campo de Fútbol do Morrazo. Este proxecto responde a unha antiga demanda que non foi incluída nas actuacións que se acometeron no pasado a través do “Plan E”.

“Despois de tres anos no goberno logramos executar o que quedaba pendente que era substituír o xerador que había no campo de fútbol por un transformador coa finalidade de mellorar o subministro eléctrico” afirma o concelleiro de Deportes Francisco J. Soliño. “Co Plan E quedaron as cousas como quedaron, con problemas infinitos” sostén Soliño. Así mesmo quere agradecer a directiva do Alondras C. F. a súa colaboración.

O cambio do xerador por este novo transformador permite evitar os apagóns e reducir o gastos en gasóleo e aluguer, o que supón un importante aforro económico e a adaptación destas instalacións deportivas aos tempos que corren. Os artefactos eléctricos destas instalacións empregan unha potencia de 83kw polo que era necesaria a instalación dun transformador.

O responsable de deportes declara que agora o principal propósito é “tratar de arranxar a grada do campo de fútbol que se atopa en mal estado ou optar á posibilidade de facer un novo campo”.

O equipo de goberno está aberto a impulsar actuacións de mellora e modernización das instalacións deportivas municipais.

16 de xaneiro de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.