Emgrobes organiza a súa gala de Nadal para poñer punto final á campaña 2013/14

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Como tódolos anos, Emgrobes organiza a súa tradicional Gala de Nadal, coa que despedir a Campaña de Nadal do C.C.A. “De Tendas”, como ben sendo tradicional esta baséase en algún programa de éxito da televisión, nesta ocasión aproveitando o tirón dos programas de cociña dos diferentes canais de televisión, a gala xirara sobre esta temática.

Esta programada para o domingo dia 12 de xaneiro, a partir das 18:00 horas no Pavillón de Congresos da Illa da Toxa, e a súa entrada e gratuíta ata que se remate o aforo.

A Gala “Pasa ata a cociña…….” intentara dar a coñecer o mellor Chef da localidade, sendo o participante que supere as diferentes probas que un xurado composto por profesionais da hostaleira lles proporá. Nas que o publico terán unha parte activa importante.

Os participantes nesta Gala serán diferentes veciños do Grove, políticos, e outras persoas recoñecidas da vila que sorprenderan o publico coas súas habilidades culinarias, e tamén lle farán pasar unha velada agradable e divertida.

Durante a Gala, tamén se dará a coñecer os gañadores dos premios da Campaña de Nadal, gracias a man inocente escollida entre o publico, xa que se fará o sorteo das dúas viaxes, unha a Londres e outra a Quinta da Auga.

Gala estara amenizada con diferentes actuacion musicais e de baile, como as que faran os grupos locais, “Faisca do Cordal” e “Cantodorxo.

10 de xaneiro de 2014 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.