Elpozo Murcia, un duro rival para o Azkar Lugo antes do parón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Quizais ElPozo Murcia non está facendo os mesmos números que o pasado ano tíñano durante o curso ligueiro entre as dúas primeiras prazas, pero o terceiro posto que actualmente ocupa fanlle seguir na loita polos títulos cos outros dous grandes da nosa liga, Inter e Barça. Mañá sábado (18:00 horas – Palacio Municipal dos Deportes de Lugo) o Azkar recibe ao conxunto murciano e faio desde a perspectiva de que chegar ao parón sumando neste partido, reforzaría a moral do equipo.

Os lucenses son conscientes de que ElPozo Murcia non se quere descolgar dos seus rivais da zona alta e por iso chegará a Lugo coa necesidade de levarse a vitoria. Pero a escadra azul, preparada para un novo enfrontamento ante un grande, quere darlle unha alegría á súa inchada e sabe que puntuar ante a escadra murciana sería toda unha inyección de moral antes do parón ligueiro. A punto estivérono de conseguir os galegos no partido de ida en Murcia cando caeron pola mínima (4-3) e agora esperan poder dar a campanada en terras lucenses.

Tras unha semana con demasiadas incidencias no apartado físico debido aos procesos víricos de varios xogadores, finalmente para este encontro os locais contan coas baixas por sanción de Aranburu e Mendiola, Iago Rodríguez por lesión nun tobillo mentres que Rubén Mouriz quedou fóra dos 12 convocados, entrando Cristian do filial por primeira vez na tempada. Pola súa banda ElPozo Murcia chega a Lugo coas baixas por lesión de Bebe e Franklin e de Rafa por decisión técnica. Os murcianos recuperan ao ex-xogador do Azkar, Adri, que se perdeu os últimos compromisos por lesión e están á espera de recibir o transfer da súa última fichaxe, Eka, polo que agora mesmo non se sabe si poderá xogar mañá.

Convocatorias:
Azkar Lugo: Óscar Iglesias, Cospe, Diego Núñez, Cuco, Jandri, Antonio Diz, Chano, Cristian, Adrián, Álex Diz, Yago Balsa e Zala.  ElPozo Murcia: Fede, José Ruíz, Jorge Santos, Juampi, Álex, Miguelín, Fabio, Kike, Adri, Raúl Campos, Eka e Gréllo.

Histórico de enfrontamentos na 1ª división en Lugo:
Vitorias Azkar Lugo: 1
Vitorias ElPozo Murcia: 9
Empates: 2

Tempada 12/13: 1-7.
Tempada 11/12: 4-6.
Tempada 10/11: 5-5.
Tempada 09/10: 3-6.
Tempada 08/09: 5-5.
Tempada 07/08: 3-5.
Tempada 06/07: 5-2.
Tempada 05/06: 3-7.
Tempada 04/05: 2-9.
Tempada 03/04: 3-4.
Tempada 02/03: 1-5.
Tempada 00/01: 1-4.

17 de xaneiro de 2014 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.