Elimínase unha vertedura procedente dun inmoble particular en Poio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaPoioPontevedra
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Plan de Control de Vertidos (PCV), dependente do organismo autonómico Augas de Galicia, vén de poñer solución a unha vertedura procedente dun inmoble particular sito na rúa Monte Saíñas, no lugar de Lourido, pertencente ao concello pontevedrés de Poio.

As distintas actuacións que lograron á eliminación do punto de vertedura, iniciáronse tras detectar os técnicos do PCV, nunha inspección rutineira dentro do termo municipal do Concello pontevedrés de Poio, que contía aportes contaminantes cara á ría de Pontevedra procedentes da vivenda.

Despois da detección de dito punto de contaminación, o persoal de Augas de Galicia, nunha inspección conxunta con representantes do Concello, solicitaron a estes un plan de actuacións para eliminar dito aporte de augas residuais que vertía sen depuración previa directamente á ría de Pontevedra.

Vertedura enmendada

Recentemente, realizouse unha nova inspección conxunta co técnico municipal na que se verificou que o titular procedeu a conectar as augas residuais da vivenda cara á rede de saneamento municipal, recentemente instalada na zona de Monte Saíñas, quedando deste xeito subsanado o vertido contaminante cara ao Dominio Público Hidráulico.

A Xunta de Galicia mantén un especial coidado e interese nas inspección deste tipo de verteduras, posto que afectan a contornas fluviais e marítimos, entre outros, causando graves problemas de contaminación, tanto á fauna, á flora e aos habitantes das zonas afectadas, sobre todo, nas que as verteduras caen directamente ás rías de Galicia, como resultou neste caso.

4 de xaneiro de 2014 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.