“El gallo de las veletas” chega ao Jofre de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza este domingo, día 2 de febreiro, unha nova peza teatral dedicada aos máis pequenos que terá lugar no Teatro Jofre. A obra infantil “El gallo de las veletas” dará comezo ás 18:00 horas e as entradas para asistir ao espectáculo poderán ser adquiridas no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

A compañía La Canica, adapta o conto de Javier Villafañe que pon en boca dos personaxes, a súa rebeldía, a súa exaltación da liberdade e as súas ganas de vivir. “El gallo de las veletas” é un espectáculo de monicreques que combina o relato poético nas voces de dúas actrices co xogo teatral dos protagonistas da historia. A posta en escena está caracterizada pola expresividade dos obxectos, o poder evocativo da música, os momentos de coreografía corporal e outros recursos teatrais.

“El gallo de las veletas” narra a historia dun galo que vivía nun galiñeiro, onde sempre vivira cos seus pais, os seus avós, os seus bisavós e os seus tataravós. Unha tarde de outono, un paxaro acercase a conversar co galo e, tras ese encontro, o galo decide escapar para coñecer o río, o bosque, a montaña, o mar. Esta obra teatral foi galardoada cos premios ao mellor espectáculo e mellor actriz en FETEN 2013.

30 de xaneiro de 2014 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.