Dúas familias con propiedades no Ofimático da Coruña fan entrega das chaves das súas vivendas
O tenente de alcalde de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Martín Fernández Prado, mantivo esta mañá reunións con dúas familias e unha cooperativa co obxectivo de seguir avanzando na construción do Ofimático. Neste sentido, dous propietarios entregaron as súas chaves para permitir a continuidade das obras.
O concelleiro mantivo un par de reunións coas familias propietarias para seguir dando pasos cara á única solución posible nestes momentos: que poñan prezo á súa propiedade co obxectivo de que un terceiro se faga cargo dela e poidan deixar de ser promotores. Dous das familias entregaron as súas chaves e súmanse, deste xeito, ao medio centenar de propietarios que xa deron este paso con anterioridade. Nestes momentos quedan 12 propietarios na zona, dos que 5 deben facer entrega das súas chaves para permitir que as obras continúen o seu ritmo.
Fernández Prado asegura que o Goberno local seguirá traballando, mediante a vía do diálogo, cos veciños para tratar de resolver a súa situación, e lamentou que o anterior Goberno local non se preocupou polos afectados, non lles informou e non tomase medidas para solucionar este asunto.
Ademais, o responsable de Urbanismo mantivo un encontro con representantes de Cofuncovi, a única cooperativa pendente de licenza, para estudar como van os trámites, xa que se atopan pendentes dun informe de Aviación Civil, que é necesario desde o pasado mes de setembro.
Fernández Prado insistiu en que a intención do Goberno local é compasar as licenzas ás obras de urbanización para avanzar na obra e garantir a execución simultánea de ambas. Ademais, lembrou o esforzo realizado tras a chegada ao Goberno por desbloquear o proxecto e resolver todos os trámites que o bipartito deixara pendentes como o xiro e cobro das primeiras cotas de urbanización, o plan de reacollo das familias que tiñan dereito ou a aprobación definitiva do estudo de detalle para o reaxuste de rasantes dos viarios no ámbito do sector 10 do parque Ofimático. Desde que xuridicamente foi posible, finais de maio, o Goberno local ha concedido 3 licenzas que deron resposta ás necesidades de 181 familias.











