Detido en Vigo un home de nacionalidade chinesa por agredir a súa muller
Un home de 50 anos e nacionalidade chinesa, cuxo nome responde ás iniciais Y.Ch., foi detido este mércores en Vigo por suposta agresión á súa muller.
Ás 1,05 horas de este 1 de xaneiro, os axentes recibiron unha chamada da propietaria dun restaurante chinés que afirmaba que o seu marido lle pegara na man, o antebrazo e a cara.
Unha vez explicados os feitos, unha patrulla dirixiuse ao domicilio no que se atopaba o home, quen recoñeceu os feitos, polo que foi detido, segundo explican as mesmas fontes.











