publicidade hoxe

Desaparecidas tres persoas que caeron ao mar en Valdoviño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSucesosValdoviño
A-
A+

Efectivos de Salvamento, Garda Civil, Bombeiros e Protección Civil buscan a tres acodes na zona do faro da Frouxeira, en Meirás (Valdoviño), que caeran ao mar arrastradas polas fortes olas.

Segundo sinalaron fontes de Salvamento, recibiron o aviso dun particular ao 112 ás 18.39 horas, e o operativo está a ser coordinado polo Centro de Salvamento da Coruña, e ao lugar enviouse o Helimer 209 e o buque Sar-Gavia, ademais de efectivos de Protección Civil que se atopan en terra.

O alcalde da localidade, José Antonio Vigo, que se desprazou á zona tras coñecer o suceso, sinalou que parece tratarse dun pai e a súa filla, ademais doutro achegado á familia, ademais, segundo informou Salvamento, unha cuarta persoa caera á auga, aínda que conseguiu porse a salvo.

No lugar tamén se atopa un helicóptero da Garda Civil, así como efectivos en terra. Os bombeiros de Ferrol, que recibiron o aviso ao redor das 19:20 horas ante a posible caída ao mar de persoas de “unha familia”, desprazaron a unha unidade até o lugar.

6 de xaneiro de 2014 | 21:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.