Derbi lucense para medrar entre o Azkar Lugo e o Burela
Mañá sábado (18:30 horas – Pavillón Vista Alegre) vivirase a cuarta entrega do derbi lucense na máxima categoría do fútbol sala español. Burela e Azkar atópanse de novo, neste caso na 19ª xornada de liga, e fano tras sumar unha vitoria na última xornada. Ánimos polo alto en dous equipos que quererán levarse esta edición do derbi (os tres anteriores acabaron cunha vitoria do Azkar e dous empates).
Ao choque ambos equipos chegan crecidos tras empezar o ano con bo pé. Os mariñanos gañaban en Murcia a todo un ElPozo e facíao 3-4 a cinco segundos do final, mentres que os da cidade amurallada vencían como local e soando a bocina (3-2) ao Peñíscola. Chegan polo tanto en bo estado anímico tanto os de Juanlu Alonso como os de Diego Ríos e con gañas de sumar a segunda vitoria consecutiva neste arranque do 2014. Sen dúbida será un bo espectáculo, con dúas escadras valentes e que buscarán a vitoria. Nos tres enfrontamentos previos na máxima categoría, o ano pasado o Azkar vencía como local (2-0) e empataba en terras mariñanas (2-2), mentres que este ano no partido da primeira volta celebrado en Lugo o choque tamén acababa en empate (3-3).
Para este encontro os capitalinos non poderán contar con Jose López por lesión, Iago Rodríguez que non se recuperou a tempo dun proceso vírico nin Aranburu que cumpre partido de sanción. Pola súa banda o Burela chega ao choque ao completo.
Convocatoria:
Azkar Lugo: Óscar Iglesias, Rubén Mouriz, Cospe, Diego Núñez, Cuco, Jandri, Antonio Diz, Chano, Mendiola, Adrián, Álex Diz e Zala.
Histórico de enfrontamentos en 1ª división en Burela:
Vitorias Burela: 0.
Vitorias Azkar: 0.
Empates: 1.
Tempada 12/13: 2-2.











