Derbi lucense en Vista Alegre entre o Burela e o Azkar Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+

O derbi lucense chega a Vista Alegre que se prepara para o duelo entre Burela Pescados Rubén e Azkar Lugo. A cita é o sábado 11 ás 18.30 horas,  encontro correspondente á xornada 19 da Primeira División. O derbi será retransmitido en directo, vía internet, en www.crtvg.es .

 O conxunto dirixido por Juanlu Alonso espera referendar a vitoria lograda ante Elpozo con outro triunfo ante os transportistas “para conseguir unha dinámica positiva de resultados e que os xogadores aumenten a súa propia confianza” aínda que é consciente que os derbis “sempre son partidos especiais e os antecedentes non serven para nada. Queremos brindarlle unha vitoria á nosa afección sempre pero nestes choques con máis ganas aínda”. 

Dos transportistas o técnico burelense destaca “o incómodo que fai os partidos ao seu rival, é un equipo que presiona moi ben e esíxeche estar concentrado en todo momento” circunstancia que o estratego mariñán espera que o seu equipo “manteña esa intensidade e concentración durante o corenta minutos tal e como realizamos en Murcia. Esa é a liña que debemos seguir”.

CONVOCATORIAS

BURELA PESCADOS RUBÉN: Edu, Mimi, Burrito, Iago Míguez, Isi, Juanma, Hugo, Matamoros, Christian, Álex, Carlitos, Antoñito.

AZKAR LUGO: Óscar Igrexas, Rubén Mouriz, Cospe, Diego Nuñez, Cuco, Jandri, Antonio Diz, Chano, Mendiola, Adrián, Alex Diz, Zala.

10 de xaneiro de 2014 | 14:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.