David Guapo encherá inauguración o novo ciclo de monólogos de Ferrol no Jofre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

A nova programación cultural do Concello de Ferrol retoma este domingo o ciclo de monólogos no Teatro Jofre. Nesta ocasión, o humorista David Guapo presentará o día 26 o seu espectáculo “#quenonosfrunjanlafiesta” a partir das 20:00 horas. O humorista encherá o teatro.

David Guapo combina diálogo e música, diálogos e non monólogos, porque os seus espectáculos son auténticos intercambios de impresións cos espectadores. #Quenonosfrujanlafiesta será un espectáculo divertido e sorprendente, unha aposta segura onde o humor, a música e a improvisación se mesturan nunha función única para tódolos públicos.

Próximos monólogos

Os espectáculos humorísticos continuarán o día 16 de febreiro co monólogo “Carlos Blanco, ao vivo (de momento…)” de Carlos Blanco para finalizar o 16 de marzo con David Amor coa presentación de “Fuera de sitio”.

24 de xaneiro de 2014 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.