Datos de comportamentos aditivos en escolares pontevedreses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Ao comparar os datos da última “Encuesta Estatal sobre Uso de Drogas en Estudiantes de Enseñanzas Secundarias” (ESTUDES 2010), cos das enquisas precedentes, observamos unha reducción do consumo da maioría das substancias, máis acusado no caso do tabaco, do cannabis e da cocaína. Estas dúas últimas substancias son por outra parte as drogas ilegais máis estendidas e cuxo consumo tiña crecido máis nos últimos anos.

En 2010 as drogas máis consumidas polos estudantes de 14 a 18 años seguen sendo o alcohol, o tabaco e o cannabis. Todos estes datos coinciden na práctica maioría cos que recolle o Plan de consumo de condutas aditivas do Concello de Pontevedra.

O alcól é a substancia psicoactiva cuxo consumo está máis estendido entre os estudiantes de 14 a 18 años. O 75,1% o tiña probado algunha vez, o 73,6% o consumira nos últimos 12 meses e o 63% nos últimos 30 días.

Sen embargo, con respecto a 2008, constátase un descenso da prevalencia de consumo para o indicador “algunha vez na vida” (6,1 puntos porcentuais) e un ascenso das prevalencia de consumo “últimos 12 meses” (0,7 puntos porcentuais) y “últimos 30 días” (4,5 puntos porcentuais).

As chicas amosan maiores prevalencias de consumo de alcohol nos tres indicadores temporais aos 14, 15 e 16 años e é só aos 17 e 18 años cando se observan cifras de prevalencia algo maiores nos chicos.

O tabaco é, despois do alcohol, a droga máis consumida polos estudiantes de Secundaria en España. O 39,8% fumou algunha vez na súa vida e o 26,2% o ten consumido nos últimos 30 días.

As prevalencias de consumo de tabaco diario descenderon en comparación coas obtidas en 2008, tanto nas chicas como nos chicos. Débese destacar que son as cifras máis baixas de consumo desde o inicio da serie en 1994. É factible pensar cas medidas normativas a este respecto, adoptadas en España nos últimos anos, tiveron un impacto positivo sobre o consumo de tabaco na poboación.

Destacar que, ao igual que no alcohol, consumo nos últimos 12 meses é máis prevalente entre as chicas (36,4%) que entre os chicos (28,1%), tendencia xa iniciada en anos anteriores. Na actualidade, un 67,7 % dos estudantes que fuman están pensando seriamente en deixar de fumar (o 40,1% nos próximos 30 días e o 27,6 % nos próximos 6 meses).

O cannabis é a droga ilegal máis consumida polos estudiantes de 14 a 18 años con bastante diferenza sobre as demais. En 2010, o 33% o tiñan consumido algunha vez na vida, o 26,4 % no último ano e o 17,2 % nos últimos 30 días.

Confírmase, polo tanto, a tendencia descendente da extensión do consumo de cannabis entre os estudantes de 14 a 18 anos que se iniciou a partir de 2004. O consumo amosa maior extensión nos chicos que nas chicas para os tres indicadores temporais considerados.

O consumo do resto de substancias (cocaína, éxtase, alucinóxenos, anfetaminas, inhalables volátiles, heroína…) é moito máis minoritario, situándose entre o 1% e o 3,9% os estudantes que as probaron algunha vez e entre o 0,5% 3 o 1,5% o seu consumo actual (últimos 30 días). Unha mención aparte merece o consumo de tranquilizantes. A proporción de estudantes que tomaron algunha vez tranquilizantes é dun 18,0%, e a dos que os tomaron sen receita é dun 10,4%.

O seu consumo actual (últimos 30 días) sitúase nun 5,2% e nun 3% respectivamente. En xeral, obsérvase nos últimos anos, unha tendencia estable da evolución da idade media de inicio no consumo de cada unha das drogas. A proporción de consumidores das distintas drogas aumenta progresivamente coa idade. Para alcohol, tabaco e cannabis, o maior incremento do consumo prodúcese entre os 14 e os 16 anos.

Para os psicoestimulantes (cocaína, éxtase, anfetaminas) o maior incremento do consumo prodúcese entre os 16 e os 18 anos. Segundo o estudio “Patrones de uso, abuso y dependencia a las tecnologías de la información en menores” (Con.f.i.a.s., 2011) realizado entre escolares de 12 a 18 anos, podemos concluír que:

– Un 97,5% dos menores enquisados usan internet, a maioría en casa, tendo o ordenador na súa habitación un 41,2% ou sendo portátil un 19,7%. Cando se conectan están sós.

– O tempo de conexión é de 1,5 horas os días lectivos (52,2%) e de 1 a 3 horas as fins de semana ou festivos (49,6%). Destacar que un 28,4% están máis de 3 horas conectados nas fins de semana.

– Os menores usan Internet como ferramenta de ocio, deixando nun segundo plano a súa ampla oferta informativa.

– Un 39,7% teñen amigos virtuais que só coñecen pola rede e un 17,2% quedaron con eles fisicamente despois de coñecelos pola rede. – Un 40,4% entraron en páxinas con contido sexual e un 24,8% con contido violento.

– Un 20% manifestan “estar enganchados” ou “moi enganchados” a internet, polo que poden estar desenvolvendo características propias do “Desorde de Adicción a Internet”.

– Un 94,9% dos menores teñen móbil e un 57,5% o usan de forma diaria.

– Un 23,6%% dos menores xogan a diario cos xogos descargados no seu móbil.

– O primeiro móbil o teñen aos 12 anos (50,17%).

– Un 33,3% o teñen encendido sempre.

– Un 32% afirma terse gravado co móbil en situacións arriscadas.

– Só un 30,6% considera que os seus proxenitores lles controla o uso do móbil.

A maioría séntense libres no uso desta tecnoloxía e non teñen ningún control familiar. O ámbito familiar é crucial para evitar as condutas aditivas en todos os ámbitos e que a xente nova faga uso responsábel do seu ocio. Os centros educativos e as administracións colaborarán na prevención pero se falla a familia o fracaso está garantido.

14 de xaneiro de 2014 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.