publicidade hoxe

Curtis acometerá obras na base loxística do Grupo de Emerxencias Municipal “Comarca da Montaña”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCurtis
A-
A+
O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o alcalde de Curtis, Javier Caínzos, asinaron o convenio de colaboración para formalizar unha achega provincial ás obras da Base Loxística do Grupo de Emerxencia Supramunicipal Comarca da Montaña sito no municipio.

A través deste acordo, aprobado pola Corporación provincial no Pleno ordinario de decembro, a institución provincial colaborará con 36.000 euros que servirán para sufragar o 80% do orzamento previsto para este fin, que ascende a 45.000 euros.

Despois de que en agosto de 2013 se puxeran en marcha os sete GES da provincia da Coruña foi necesaria a xeración dun espazo para acoller o que atende aos concellos de Curtis, Sobrado, Vilasantar, Mesía, Oza-Cesuras e Aranga.

As obras efectuaranse en parte do recinto Ferial de Curtis sito no mercado gandeiro comarcal. O proxecto inclúe a intervención exterior coas instalacións de auga contra incendios, hidrante de columna húmida, válvula de comporta e, ademais, dotarase o recinto con mesas de reunións, butacas, estantes, liteiras e recuperación da cuberta.

Plan de mellora de seguridade viaria

Ademais, o alcalde e o presidente tamén asinaron outro acordo para a colaboración nas obras do Plan de mellora da seguridade viaria nas vías municipais de Curtis. Neste caso, a Deputación achega 70.890,72 euros do custe do proxecto, asumindo así o 80% do seu total.

15 de xaneiro de 2014 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.