Curso de perfeccionamento de informática en Pontevedra
A Concellaría de Benestar Social Municipal do Concello de Pontevedra, a través da programación da Casazul, impartirá un curso de informática, nivel perfeccionamento, destinado a todos aqueles veciños e as veciñas interesados/as en posuír coñecementos básicos de informática ou ter realizado o curso de iniciación. O curso impartirase os luns e mércores, do 10 de febreiro ó 26 de marzo, na Sala Rons da Casazul, en horario de 11.30 a 13.00 horas. A cota de participación é de balde. Para participar cómpre entregar a ficha de inscripción os días 3 e 4 de febreiro no despacho 32 da Casazul, zona 3, en horario de 10.00 a 13.00 horas ou ben inscribirse por email en casazul@pontevedra.eu A ficha de inscrición e a declaración xurada pódense descargar en casazul.pontevedra.eu ou ben pódese recoller persoalmente na Casazul ou no Chalé de Fontoira. Xunto coa ficha de inscripción cómpre entregar nota xustificativa do empadronamento no Concello de Pontevedra, fotocopia do Documento Nacional de Identidade e unha declaración xurada. Terase en conta a situación laboral e persoal dos/as interesados/as polo que poden achegar documentación complementaria como a tarxeta de demandante de emprego, prestación social, usuaria do CIM, usuario de Benestar Social Municipal, menores a cargo ou discapacidade.











