publicidade hoxe

Culleredo prosegue a homenaxe a Moncho Valcarce cun libro e un documental sobre a súa vida

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo continúa esta semana os actos de homenaxe a Moncho Valcarce, destaca personalidade no municipio polo seu papel veciñal e cultural. Á exposición aberta no xardín botánico sumaráselle este mércores, 29 de xaneiro, a proxección dun documental e a presentación dun libro, conmemorando os 20 anos do seu falecemento (o 1 de febreiro cumpriranse exactamente 21). Os actos do mércores desenvolveranse no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo a partir das 20.00 horas. Consistirá principalmente na presentación do libro “Moncho Valcarce. Un símbolo para Galicia. Diarios inéditos e outros textos”. Contará cunha mesa redonda sobre Valcarce, moderada por Carlos Pereira, historiador do Concello de Culleredo, coa participación de:

· Victorino Pérez Prieto, coordinador do libro.

· Xácome Santos Gaioso, secretario da Irmandade Moncho Valcarce.

· Domingo Martínez Beiro, da Irmandade Moncho Valcarce.

· Narciso Marzoa Martínez, concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Culleredo, e compañeiro de corporación de Valcarce.

· Ana Pallares Curral, concelleira en Culleredo entre 1979-1983.

Na presentación deste libro, publicado por Editorial Trifolium, procederase ademais á proxección dun documental sobre Moncho Valcarce. A Concellaría de Cultura, en conxunto coa Irmandade Moncho Valcarce, preparou varias actuacións en recordo do que fose cura de Sésamo e Sueiro e concelleiro, en dúas lexislaturas, do Concello de Culleredo, ocupando, entre outros, o cargo de Presidente da Comisión de Cultura. Até o sábado 1 de febreiro, na aula de Natureza do xardín botánico do Burgo, atópase aberta unha exposición sobre Moncho Valcarce. Pode visitarse en horario de 18.00 a 21.00 horas, e o sábado pola mañá ademais de 11.00 a 13.30 horas. Así mesmo, a Concellaría de Cultura editou un folleto biográfico conmemorativo sobre Moncho Valcarce, no que se recolle algún texto inédito da súa autoría, para repartir nos diferentes actos.

Este folleto tamén se difundirá en formato electrónico. www.culleredo.es Gabinete de Prensa: 629 048 469 Enviaranse exemplares así mesmo aos diferentes centros de ensino do municipio e exemplares dun cómic sobre Moncho Valcarce, doado pola Irmandade, co obxecto de que poidan traballar co alumnado sobre esta figura tan importante na historia contemporánea de Culleredo e visitar tamén a exposición.

27 de xaneiro de 2014 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.