publicidade hoxe

Culleredo clausurou o I Ciclo Sociosanitario sobre Vida Independente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

O Concello de Culleredo e a Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares (ASEM) traballaron nos últimos meses de forma conxunta buscando un apoio para as persoas en situación de dependencia. Ambas as institucións asinaron un convenio para a formación, tanto de dependentes como de familiares e profesionais, en hábitos, técnicas ou recursos que poidan mellorar a súa autonomía e favorezan os labores de coidado. Con esta finalidade, a Concellaría de Sanidade, que dirixe Penélope López, e ASEM desenvolveron o I Ciclo Formativo Sociosanitario sobre vida independente en Culleredo. A iniciativa finalizou hoxe coa última sesión e a entrega dos diplomas de asistencia aos participantes por parte do alcalde, Xullo Sancristán. A sesión desenvolvida hoxe como peche do ciclo, que tivo lugar no Pazo de Vila Melania (Vilaboa), tivo como título: “O deporte adaptado” e tivo como finalidade a de dar pautas para que as persoas en situación de falta de autonomía poidan practicar deportes adaptados ou alternativos. A formación estivo dirixida por Aránzazu Rei, licenciada en INEF e terapeuta ocupacional experta nesta área. Outros dos ámbitos abordados estes meses no ciclo foron o TIC para dependentes, os hábitos posturales, ou a estimulación multisensorial, entre outros. O alcalde felicitou aos participantes pola súa formación. Destacou que coas xornadas logrouse “informar a profesionais, familiares e todas aquelas persoas interesadas no campo da promoción da autonomía persoal e atención ás situacións de dependencia”.

31 de xaneiro de 2014 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.