Creasturias outorga ao C.R.D.O. Ribeiro o galardón de “mellor vídeo corporativo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocal PortadaRibadavia
A-
A+

O vídeo corporativo do C.R.D.O. Ribeiro, que remata coas palabras “Ribeiro, a alma dun pobo, Esencia Galega” levou o galardón de “Mellor Vídeo Corporativo” na gala CREASturias 2014 convocada pola Asociación de Axencias de Publicidade do Principado de Asturias.

A creatividade asturiana tivo anoite a súa cita anual. O Palacio de Congresos de Gijón acolleu a gala CREAsturias 2014, convocada pola Asociación de Axencias de Publicidade do Principado de Asturias, onde se premiaron os mellores traballos publicitarios do ano. 

O vídeo do C.R.D.O. Ribeiro, cuxo obxectivo principal é promocionar a imaxe e amosar as cualidades da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia, realizouno a axencia de comunicación Neozink, afincada en Oviedo.

O vídeo pode verse en http://www.youtube.com/watch?v=8gw_GGt0ugo

31 de xaneiro de 2014 | 11:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.