publicidade hoxe

Cotobade finaliza o amplo programa de actividades de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+
Visita dos Reis Magos a Cotobade

Visita dos Reis Magos a Cotobade

O Concello de Cotobade  quixo festexar o Nadal,incluíndo na programación estival un amplo abanico de actividades. Comezaron o día 19 ca visita do  Papa Noel   á Escola de Educación Infantil,máis os dous centros educativos (Tenorio e Carballedo). Os máis pequenos da casa manifestaron os seus desexos  e os regalos que máis ansiaban recibir.

A continuación, unha vintena de nenos e nenas disfrutaron, dunha xornada no parque de ocio infantil XOGOS de Pontevedra. Dito parque é rexentado por un veciño de Cotobade Esta iniciativa foi promovida polo parque e o Concello de Cotobade, durante o último sábado  de decembro de 2013, dando peche ás actividades do ano. Puideron disfrutar das instalación dende as 16:30 ata as 20:30 ademais de ser  convidados a unha merendola. Xogaron, parolaron, coñeceron novos amigos e amigas do pobo ó que pertencen en definitiva, disfrutaron  dunha xornada lúdica  onde os sorrisos, as gañas de disfrutar e de pasalo ben estiveron moi presente.

Esta foi unha experiencia moi positiva tanto para os rapaces e rapazas como para o  concello.

Cotobade comezou o ano 2014 cunha entrada musical e tradicional como son os Cantares de Reis. Este certame celebrouse no pavillón do colexio de Carballedo o cal asistiron como participanetes de dito festexo os xubilados de Tenorio, os máis pequenos e maiores da 

parroquia de Borela e o grupo Os Trazantes. Ámbolos tres cantaron cantares propios das súas parroquias. Ademáis tamén se fixo entrega dos premios correspondentes os gañadores/as do concurso de postais realizado polo Concello.Como broche final, tanto os participantes como os asistentes disfrutaron dunha chocolatada con rosca.

Os reis non ían a pasar de largo por Cotobade polo que o día  5 de Xaneiro pola mañá decidiron percorrer na súa carroza todas as parroquias do Concello, unha a unha, lanzando caramelos e repartindo xoguetes a todos os pícaros e pícaras, producindo nestes un enorme sorriso e caras de ilusión e emoción pola ansiada chegada dos reis magos. Tanto maiores como pequenos  festexaron a súa chegada facendo encargos de xoguetes e pedíndolles que non se esqueceran de pasar polas súas casas  a noitiña.

Como  remate deste Nadal, o Sábado 11 de Xaneiro ás 19:30 na Igrexa de San Miguel de Carballedo terá lugar  a actuación de @Panxoliñas polo Nadal@  a cargo das corais Voces amigas de Mourente e Coral Valderrosa de Ponte Caldelas.

9 de xaneiro de 2014 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.