Cortes de tráfico nas rúas compostelás de Castrón Douro e Cima da Eira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O vindeiro domingo, 2 febreiro, a rúa Castrón Douro permanecerá cortada ao tráfico con motivo da instalación dun guindastre.

Así mesmo, por mor das obras de canalización de gas é necesario pechar ao tráfico a rúa Cima da Eira, entre os números 52 e 31, desde o martes 4 de febreiro e durante 15 días. A circulación farase pola rúa Vite de Abaixo.  Permitirase o acceso dos residentes e aos garaxes.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

31 de xaneiro de 2014 | 17:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.