Corta de piñeiros secos e decaídos nos Montes da Guarda
No ano 2010 detectouse un foco da praga denominada nematodo do Piñeiro na parroquia de Taboexa, no concello das Neves. Como medidas complemetarias para evitar a súa propagación estableceuse a delimitación dunha franxa de 20 km ao longo de toda a frontera con Portugal.
Esta área, denominada zona tampón, afecta á totalidade do territorio municipal da Guarda. O propietario ten que cortar as árbores secas ou decaídas e debe retiralas, pero non está obrigado ao seu estelado, podendo darlles outro aproveitamento.











