“Conto Viaxeiro Transfronteirizo” na Biblioteca de Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño informa a tódolos nenos e nenas de máis de 5 anos que o próximo xoves 30 de xaneiro ás 18.00h, no Salón de Actos da Casa de Cultura de Salvaterra, e a través da Biblioteca Municipal, desenrolarase a actividade “Conto Viaxeiro Transfronteirizo”

Polo Correo do Vento presenta en Salvaterra de Miño esta actividade transfronteiriza que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Comunidade de Traballo de Galicia Norte de Portugal, o Programa de Cooperación Transfronteriza España – Portugal e da Unión Europea.

Trátase dunha actividade participativa onde os mais cativos terán que elaborar o final do conto e facer un mural.

Todo o traballo realizado nesta actividade poderá ser seguido polos nen@s que participan e polos seus pais e nais en www.contoviaxeirotransfronteirizo.blogspot.com

22 de xaneiro de 2014 | 13:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.