Continúan os arranxos nos centros socio culturais de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O plan de acondicionamento e mellora dos centros socio culturais do municipio avanza a bo ritmo. A empresa Valiñas, adxudicataria das obras contratadas con cargo ao Plan de Investimentos da deputación, traballa estes días no edificio de Sobradelo, despois de ter efectuado unha primeira intervención no de Galás e A Torre e á espera de que as condicións meteorolóxicas mellores para poder trasladarse ao de Fontecarmoa, onde é preciso levantar toda a cuberta para arranxar o canalón de recollida de pluviais.

As actuacións incluídas neste plan de mellora benefician a seis centros socio culturais, en concreto aos de A Torre, Galáns, Sobradelo, Fontecarmoa, Bamio e Faxilde. As actuacións a realizar consisten especialmente na reparación de filtracións e humidades, así como en obras menores de mantemento, como o pintado. Os traballos comezaron pola casa de Cultura da Torre onde de reparou o revestimento da fachada e pintou e tamén se realizaron parte dos traballos na de Galáns. Nestes momentos estase a traballar en Sobradelo, onde a principal problemática era a filtración de auga e presenza de humidades. A empresa tiña previsto xa hai días desprazarse ao centro social de Fontecarmoa, pero as xornadas de intensas choivas impediuno xa que para arranxar o canalón de augas terán previamente que levantar toda a cuberta do tellado baixo a cal discorre a canaleta. Para evitar maiores problemas de entrada de auga, esperarase á que as previsións meteorolóxicas anuncien varios días secos para poder actuar.

Con este proxecto preténdense atender as necesidades que presentan moitas das infraestruturas da rede cultural municipal, tal como a reparación de deficiencias, melloras e tarefas de mantemento para contrarrestar a acción do paso do tempo. A intención do goberno é que os centros culturais se atopen nas mellores condicións posibles para o uso e goce das instalacións por parte das asociacións e colectivos de cada parroquia. proxecto conxunto elaborado polos técnicos municipais para os seis centros socioculturais precisa dun investimento de 57.600 euros.

9 de xaneiro de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.