publicidade hoxe

Continúa sen novidade a busca do pai e a filla arrastrados polo mar en Valdoviño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaValdoviño
A-
A+
E.P.

A busca das dúas persoas, un pai e unha filla, arrastrados pola forte ondada na costa de Valdoviño (A Coruña) o pasado luns, proseguirá a partir deste venres co rastrexo por terra, á espera de que transcorridos entre oito e dez días, os corpos poidan flotar cara á superficie.

Así o explicou o alcalde de Valdoviño, José Antonio Vigo, que sinalou que a partir do venres o rastrexo se realizará tan só por terra, se ben continuarán participando membros de Protección Civil do municipios, Ferrol, Narón e Mugardos; bombeiros de Ferrol e Garda Civil, entre outros.

A busca por mar e aire, segundo matizou, suspenderase ata que transcorran oito días dende o momento da desaparición de Juan Bedoya, de 55 anos, e a súa filla, Patricia, de 25. Será entón cando se retome o rastrexo coa esperanza de que os corpos poidan saír á superficie.

“O máis probable é que se se afogaron saian aos oito ou dez días”, sinalou Vigo, que volveu lamentar o incidente acontecido o luns, cando catro membros dunha mesma familia foron arrastrados polo mar nos acantilados de Punta da Frouxeira, a uns metros do faro de Meirás. Achegáranse ao lugar no que días antes botaran as cinzas dun familiar falecido.

Juan Bedoya e a súa filla estaban acompañados do cuñado do primeiro, Rodrigo Pena, o corpo da cal foi localizado na madrugada do martes na praia da Frouxeira e xa recibiu sepultura. A cuarta integrante do grupo, filla de Pena, logrou agarrarse a unhas rochas e puido salvarse, aínda que tivo que recibir atención médica polas contusións que sufriu.

Durante este xoves a zona de busca do operativo estendeuse dende Valdoviño ata Estaca de Bares, coa participación dos helicópteros ‘Helimer 209’ de Salvamento e o ‘Cuco’ da Garda Civil, e a embarcación ‘Salvamar Shaula’ por mar.

9 de xaneiro de 2014 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.